A concelleira Patricia Sío revelaba un acordo coa alcaldesa do Porriño Eva García, que mediado polo xefe de gabinete do concello intercambiaría a dimisión da actual rexidora polo voto favorable na aprobación de pagos pendentes a proveedores. Eva García desminte o acordo e declara non ser “peza de caza” de ningunha agrupación política.
EU Son mantén a veracidade do seu argumento malia non presentar evidencias. A través deste conflicto as dúas ediles do partido político xustifican a súa postura, absténdose ao recoñocemento de deuda e quedando este paralizado unha vez máis.
– […] O xefe de gabinete insistía nesta proposta porque, sorprendentemente, coméntanos que a alcaldesa o día anterior, xoves pola tarde, comunicara a súa dimisión e confirmara que trasladara a súa vontade ao partido […] –.
Deste xeito, a concelleira da agrupación EU Son Porriño Patricia Bacelo, facía público en sesión plenaria un suposto acordo verbal entre o seu partido e a alcaldesa do Porriño que, mediado polo xefe de gabinete do concello, trataba a dimisión da rexidora como moeda de cambio para modificar favorablemente a postura fronte a aprobación de pagos pendentes.
A declaración relata a conversa mantida nunha reunión entre as concelleiras do grupo político e o xefe de gabinete Enrique Vaqueiro. Patricia manifesta que durante a conversa o xefe de gabinete amosa a súa preocupación polo pago de facturas pendentes, e oferta un acordo que requería ás concelleiras votar a favor de ditos pagos ofrecendo a cambio a dimisión da alcaldesa do Porriño.
Segundo a concelleira o acordo levouse a votación interna no propio partido, e a decisión tomada foi a de cambiar favorablemente a postura tomada no pago a proveedores. Unha vez trasladaron a decisión ao xefe de gabinete, afirman recibir unha mensaxe da rexidora na que negaba a súa dimisión.
Patricia Sío remata a declaración xustificando mediante a negación da alcaldesa a abstención das ediles na aprobación de pagos pendentes, invocando ao xefe de gabinete e á ausencia da alcaldesa. Desta forma a súa intervención terminou sen réplicas, agás a intervención do alcalde en funcións para incidir na orde de execución do pleno.
Este medio recibiu as declaracións da alcaldesa Eva García de la Torre en resposta á intervención do grupo EU Son nas que desminte “rotundamente” que vaia a dimitir como alcaldesa de O Porriño e atribúe “ese rumor alimentado de xeito interesado” ao grupo municipal de EU SON.
A alcaldesa precisa que “nin o 6 de outubro nin noutra data inminente teño pensado dimitir”. “A miña idea é rematar este mandato que é o meu compromiso”, engadiu.
Por outra banda, a alcaldesa criticou “a irresponsabilidade do grupo municipal EU SON que chega ao colmo pretendendo votar a favor do pago das facturas a provedores do Concello se eu admitía que dimitiría aínda que dilatase a decisión. Iso o que pon de manifesto é a absoluta irresponsabilidade dese grupo e a despreocupación sobre se as empresas cobran ou as persoas saen perxudicadas”, manifestou.
Eva García advertiu a “EU SON” que “se esquezan de pretender cobrarse a dimisión da alcaldesa como se fose unha peza de caza; non vai ocorrer”, rematou.
Enrique Vaqueiro, xefe de gabinete de prensa do concello, tamén respostou ás afirmacións levadas a pleno e declara lamentar que a negociación para a xestión do pago de facturas, polo que amosa preocupación, sexa utilizado desta forma achegando falsedades a pleno, sabendo da incapacidade de defensa nese espazo como xefe de gabinete.
O partido popular, a través de Alejandro Lorenzo, da por certa a existencia de acordos e require a comparecencia da rexidora e a edil para esclarecer os seus contidos.
Porriño Digital púxose en contacto con Eu Son para abordar cuestións que poderían probar a existencia de acordos. En resposta, a agrupación apunta que está todo dito na intervención do pleno e na nota enviada a redacción. Da a entender que todo sucede nunha reunión co xefe de gabinete, e que non hai evidencias que poidan demostrar o manifestado na intervención plenaria.
Cadanseu partido esgrime o seu argumentario, estoico na súa postura. Namentres, o recoñecemento de pago a proveedores do concello do Porriño quedou sobre a mesa unha vez máis.