Redacción 04/10/2020

Esta semana, a nova delegada territorial da Xunta en Vigo reuniuse reuniuse con representantes do Concello de Mos. Aproveitaron para analizar temas relacionados coa educación, saneamento, humanizacións e sanidade, entre outros.

 

Durante a xuntanza as representantes autonómica e local fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades para Mos, e que dependen da Xunta de Galicia, entre os que se atopan o proxecto da Residencia de Maiores no Rebullón, a contratación de un pediatra a maiores para o centro de saúde ou a acometida de diversas humanizacións tales como a de Pereiras – Atín ou a de San Rafael que contribuirán a una gran mellora nas contornas do municipio.

Ademais a alcaldesa Nidia Arévalo trasladoulle a Marta Fernández outras necesidades de gran importancia  para Mos como son a intermediación con Fomento para acometer un acceso directo ao Polígono da Veigadaña dende a A-55 por Amieirolongo, a mellora en diferentes instalación deportivas e pavillóns,  obras nos diferentes  centros educativos tales como: novas fiestras no CEIP de Atin, arranxo da pista deportiva no CEIP de Petelos, instalación de toldos no CEIP Mestre Martinez Alonso, instalación de novas marquesinas nas paradas de autobús, etc. Conversaron sobre a importancia de seguir traballando polo fomento do emprego para poder continuar a reducir cada ano a taxa do paro en Mos e ,por suposto, en materia de turismo seguir a potenciar o Camiño de Santiago ao seu paso por Mos.  

 

A delegada da Xunta visitou asociacións veciñais beneficiarias de axudas autonómicas,e rematou a sua visita nas instalacións de AEMOS, no Polígono Industrial de Veigadaña, onde xunta directiva e alcaldesa puxérona ao corrente dos proxectos empresarais mais relevantes. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad