Redacción 02/10/2020

Onte no Pazo de Mos a recepción ao deportista Hugo Vila Malvido de 10 anos, en recoñecemento polo título acadado na copa galega 2020 de salto con poni na categoría de ponis A, onde acadou a medalla de ouro.

 

A proba foi celebrada os días 10,11 e 12 de setembro no CLUBE HIPICO CEMAR de Mondariz Hugo acudiu acompañado por Jacobo Campos, seu adestrador do clube  hípico JC de Torroso, e os seus pais vecinos da Herville, na parroquia de Cela.

No acto homenaxe  estiveron presentes; Camilo Augusto, tenente alcalde de Mos; Begoña Toucedo, Concelleira de Deportes; membros do equipo de goberno local e demais membros da Corporación Municipal.

O seu adestrador, Jacobo Campos, define a Hugo como “un neno moi responsable e disciplinado” e está convencido de que “seguirá cultivando títulos”.

 Hugo, que cursa sexto de primaria, comezou a montar con tan só 6 anos a raíz de acompañar ao seu padriño Adrian a diferentes roteiros, este foi quen lle inculcou o amor por este deporte e polo mundo do cabalo. Actualmente compite co poni Skype co que prepara a súa próxima competición que terá lugar en Madrid.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad