A tradicional festa gastronómica do Porriño pon o broche final ás atípicas Festas do Cristo no que cada ración terá un prezo de 6 € -callos, pan e cazola-
Coma anos anteriores pódense levar nun taper para casa para minimizar o contaxio da Covid
As asociacións AHOSPOR e ACIPOR, co apoio do Concello do Porriño, organizan a 27ª edición da Festa dos Callos que terá lugar este domingo 4 de outubro.
Nesta vinte e sete participarán preto de 30 locais hostaleiros do Porriño, que segundo acordaron establecementos e organizadores, este ano estrease un novo prezo único, de 6 € que inclúe ración de callos, pan e a cazola conmemorativa.
As limitacións impostas polos protocolos anti-covid obrigan a organizadores e Concello a reducir os actos públicos. Lémbrase que tamén esta dispoñible a opción de ir buscalos nun envase ou tarteira.
Para animar o ambiente haberá animación de rúa a cargo da Agrupación Feixoada, a partir do mediodía.
A relación dos establecementos de hostalaría participantes neste certame é a seguinte:
Adega de Montero Vinoteca, A Francachela, Argentino 2, Bar Celtiña, Bar Liceum, Cafetería El Sol, Cafetería O Porriño, Cafetería Platinum, Casa Di Mili, Cólleo con Pinzas, Enigma, El Cincuentaicinco, Hamburguesería Fran, La Cueva, La de Chato, La Pantera Rosa, Maloserá, Maracaná, O Xantar de Pepa, Paso a Nivel, Restaurante Pontenova, Restaurante Val da Louriña, Saspi, Scala, Tapería Maracaibo, TheClassic, La Abuela Rockera, Volvoreta y Zentral.