Redacción 01/10/2020

Estas tarefas corresponderían á Xunta de Galicia, polo que se pasará factura a Administración Autonómica posteriormente, como xa fixeron outros Concellos

 

O Concello do Porriño comezará a partir de mañá xoves, 1 de outubro, a realizar as desinfeccións diarias dos colexios públicos e das dúas escolas infantís, segundo os protocolos anti-covid. Trátase dunha competencia impropia que o Concello realiza pero que non lle corresponde. De xeito, á semella doutros concellos limítrofes coma Gondomar ou Nigrán, realízase polo Concello que despois facturará os gastos á Xunta de Galicia, ao ser a Administración á que lle corresponde.

A Concellería de Educación, que dirixe Lourdes Moure, decidiu asumir esas tarefas de desinfección “xa que ante todo, son nen@s porriñeses e o Concello non vai permitir que estean en situacións de risco”, manifestou.

A tal fin, realizouse un contrato menor para que unha empresa, “Limpezas Cíes”, faga a diario esas desinfeccións nas zonas comúns dos colexios públicos e da escola unitaria de Mosende, así como nas “Galiñas Azuis” de Torneiros e rúa Doantes de Sangue.

A vixencia do contrato é ata mediados de decembro, ata que comecen as vacacións de Nadal nos centros de ensino. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad