Redacción 01/10/2020

Un proxecto que ten un dobre obxectivo, por un lado divulgación e por outro a formación, mesturado co fomento da recollida selectiva municipal

 

 

Esta actuación realízase con fondos compartidos entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, e nos que xa participan máis de 100 concellos en Galicia e máis de 2500 bares e restaurantes, que están potenciando un crecemento importante no contedor amarelo.

 

Nestes días estanse facendo en Salvaterra de Miño visitas aos establecementos para informar acerca do proxecto e promover a súa incorporación, captar establecementos que queiran sumarse a iniciativa de Ecoembes e incentivar a reciclaxe.

 

Amais nas visitas faise un recoñecemento do local, coa finalidade de definir os medios que necesitan para a reciclaxe (cubo, papeleira..). Entrégase información en materia de recollida selectiva a través de dípticos e guías de barras e entrega de chaqueta profesional e de distintivos de local como “Ecohostelero”.

 

Hai que recordar que o sector da hostelería e da restauración xogan un papel importante para seguir incrementando a reciclaxe de envases lixeiros neste municipio. A colaboración e a participación son fundamentais á hora de realizar unha correcta separación de envases lixeiros (envases de plástico, bricks e envases de aceiro e aluminio). A implicación do sector nesta iniciativa é fundamental para que entre todos se siga contribuíndo no incremento da reciclaxe de envases lixeiros no municipio e na mellora e conservación do medio ambiente.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad