Redacción 30/09/2020

Esta proposta ten como obxectivo o posicionamiento das institucións públicas en contra da trata e do negocio da prostitución. O grupo municipal presenta a moción este mércores 30 de setembro. 

O grupo municipal EU Son elabora unha proposta para a súa aprobación no pleno municipal do mércores 30 de setembro na que insta ao posicionamiento de diferentes administración fronte ao negocio da trata e a prostitución.
A proposta presentada por Blanca Francés, voceira municipal da agrupación política, leva a debate os seguintes puntos:

A adhesión á Rede de Concellos Libres de Trata e instar a todos os concellos a que se unan á citada Rede https://redlibretrata.wordpress.com/, para que non haxa nen un só concello cómplice desta escravitude. Concellosabolicionistas que aplican ordenanzas que prohíben a mercantilización de seres humanos, penalizan só a demanda e atenden e protexen ás mulleres que sofren esta situación.

Instar ao goberno de España para que se elabore unha lei contra a trata desde una perspectiva abolicionista que inclúa a todas as mulleres en situación de prostitución e que tome de referencia lexislacións como a sueca que acabou coa trata para explotación sexual, ao contrario do que pasou en Holanda o Alemania, países onde se regulou como un “traballo”, onde no só aumentou a trata para explotación sexual de mulleres senón tamén a prostitución infantil.

Instar á Xunta de Galicia para que adopte medidas de loita contra a trata e a prostitución e entre elas as seguintes:

1) Garantir o peche dos prostíbulos de acordo ao pactado co Ministerio de Sanidade en materia de locais do chamado “ocio nocturno”.

2) Garantir o pirimeiro recurso habitacional para mulleres en situación de prostitución en locais de alterne acompañándoo con atención psicolóxica, orientación laboral e formativa.

3) Procurar formación específica para as profesionais dos centros da muller co fin de que poidan dar atención e derivación as casas de acollida cuando sexa necesario, así como habilitar de equipos de atención itinerantes para que esa atención chegue ás mulleres que doutro xeito non poden acceder aos recursos.

4) Establecer Programas de Capacitación laboral e Coordinación coas entidades que traballan directamente en situacións de prostitución.

Dar traslado da presente moción á Rede de Concellos Libres de Trata, á FEMP, á FEGAMP, á Xunta de Galicia e ao Goberno de España.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad