Redacción 29/09/2020

Solicita ao Estado a adopción de diferentes medidas, xa que a competencia para este tipo de bonificacións e do Goberno Central, onde se solicita unha serie de medidas para apoiar aos autónomos

 

 

No día de onte tivo lugar a celebración da sesión ordinaria do Pleno Municipal do mes de setembro, onde se trataron temas como os festivos locais, á aprobación do protocolo de colaboración coa AECT Río Miño ou unha moción de apoio aos autónomos.

 

Un ano máis correspóndelle ao Pleno da Corporación establecer os Festivos Locais para o ano 2021 e como á habitual neste Concello os días establecidos son o luns do Cristo e o día de San Lorenzo, o 14 de xuño e o 10 de agosto.

 

Por outro lado aprobouse o protocolo de colaboración coa AECT Río Minho, un proxecto piloto de mobilidade transfronteiriza suave na Eurocidade Monçao-Salvaterra, no marco do proxecto Smart_Miño, cofinanciado polo programa Interreg VA que pretende dotar de bicicletas eléctricas, neste caso 7 e 7 nesta eurocidade, e na que participarán tamén as eurocidades de Valença- Tui e Vilanova de Cerveira-Tomiño.

 

Por último o Grupo de goberno presentou unha moción onde se solicita ao Estado a adopción de diferentes medidas, xa que a competencia para este tipo de bonificacións e do goberno Central, onde se solicita unha serie de medidas para apoiar aos autónomos:

 

Aprobación dunha bonificación excepcional e proporcional (con carácter mensual) no pago do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) relacionados co exercicio de actividades económicas durante o tempo que estean ou estiveran suspendidas, non autorizadas ou afectadas gravemente. A mesma debería ter carácter retroactivo.

 

Aprobación dunha bonificación excepcional e proporcional (con carácter mensual) no Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) para aqueles vehículos non turismos de carácter industrial, mercantil e comercial e de transporte de pasaxeiros, ante a imposibilidade de desenvolver a súa actividade por orde das autoridades administrativas ou sanitarias. A mesma debería ter carácter retroactivo.

 

Aprobación dunha bonificación excepcional e proporcional (con carácter mensual) no pago do Imposto sobre bens inmobles (IBI) relacionados con inmobles onde se desenvolva o exercicio de actividades económicas durante o tempo que estean ou estiveran suspendidas, non autorizadas ou afectadas gravemente. A mesma debería ter carácter retroactivo.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad