Redacción 28/09/2020

Os propios datos de que dispón o sistema policial sinalan unha situación nada preocupante en relación á ocupación de vivendas, a pesar do alarmismo mediático, se ben se rexistra un pequeno repunto neste ano 2020. O protocolo aplicado actualmente pola policía contempla o desaloxamento inmediato sen necesidade de resolución xudicial en casos de ocupación da morada do titular da vivenda.

 

O delegado do goberno en Galiza, Javier Losada, apuntou hoxe a unha combinación de medidas sociais e de seguridade cidadá para evitar o fenómeno da ocupación ilegal de vivendas. Javier Losada mostrou a súa solidariedade cos afectados pola ocupación ilegal de vivendas aos que vai dirixida a instrución ditada polo Ministerio do Interior “con protocolos estandarizados que permiten axilizar a intervención policial e garantir os dereitos da cidadanía”. “Trátase de casos que causan unha grande alarma social e que requiren unha resposta policial á altura”, indicou.

O delegado do goberno expuxo os datos estatísticos dos que dispón o goberno en relación á ocupación ilegal na Galiza. Esta tipoloxía delitiva apenas supuxo o 0,16% das infraccións penais coñecidas no ano 2019, pois só se rexistraton 129. Pouco máis dunha centena destas infraccións correspondían a ocupación ilegal para vivir, sendo A Coruña e Pontevedra as provincias máis afectadas e, en especial, as cidades. “En definitiva, os datos non amosan unha situación alarmante, mesmo a anos luz da que se dá noutros territorios de España”, afirmou.

A pesar dos números, Javier Losada indicou que as Forzas de seguridade si detectan un lixeiro incremento das ocupacións, posiblemente favorecido polo contexto social e económico do momento. En calquera caso, lanzou unha mensaxe de sosego á poboación, xa que os números continúan estando lonxe dos que percibe a cidadanía sobre estes fenómenos. As subdelegacións do Goberno están celebrando reunións para trasladar esta mensaxe e recoller opinións dos afectados e dos organismos implicados, de maneira que a actuación e resposta ante o fenómenos sexan homoxéneas en toda Galiza.

A resposta, segundo explicou o delegado do Goberno, contempla actuacións de tipo social e de tipo policial. Para ambas insistiu na necesidade de que as administracións autonómic e locais se impliquen na dotación de alternativas de habitabilidade. “O executivo puxo en marcha este ano unha importante batería de medidas para minimizar o impacto da crisis do COVID-19 no tocante ao dereito á vivenda”. “Só en inversións directas, o Goberno destinou 44 millóns de euros a Galicia no capítulo de vivenda durante a pandemia, ao que se deben sumar as medidas específicas do escudo social aprobado polo executivo: axudas directas ao alugueiro, moratorias do pagamento de hipotecas e dos desafiuzamentos e axudas para vivendas a colectivos vulnerábeis, entre outras”, sinalou.
 
Instrución aos CC. e FF. de Seguridade

A reunión serviou para analizar a aplicación na Galiza do “Protocolo de Actuación de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado en la ocupación ilegal de inmuebles”, que se inclúe na Instrucción 6/2020 da Secretaría de Estado de Seguridad do Ministerio do Interior. Este protocolo homoxeiniza e mellora a resposta policial e garante que os atestados recollan todos os elementos que deben ser aportados ás autoridades xudiciais para aceditar a comisión do delito e a participación dos seus autores, entre outros obxectivos.
 
A instrución estabelece diferentes actuacións segundo se o inmoble ocupado constitúe a morada do seu titular, sexa a primeira ou segunda vivenda. Nestes casos, as forzas de seguridade poderán proceder, sen necesidade de solicitar medidas xudiciais, o desaloxamento inmediato e identificación dos ocupantes, así como a súa detención se procede. No caso de que o inmoble non sexa morada, non se aplicaría o delito de usurpación.
 
Ademáis, tamén dita medidas para protexer ás vítimas e favorecer a resolución xudicial do conflito, a restauración ao seu lexítimo dono do inmoble violado ou usurpado e a reparación dos danos causados. O protocolo reforza as accións encamiñadas a evitar a aparición ou consolidación de grupos criminais dedicados á usurpacion de vivendas con diferentes propósitos, entre os que estarían o alugueiro ou venda a terceiros de maneira fraudulenta. Neste punto, o delegado do goberno sinalou que na Galiza non hai constancia da existencia de ningún tipo de mafia destas características.
 
Por último, Javier Losada lembrou que desde este mes a aplicación para móbiles ALERTCOPS inclúe unha funcionalidade específica para que os afectados, propietarios, veciños ou calquera outro usuario que detecte un caso de ocupación ilegal de inmobles poidan poñer de maneira inmediata os feitos en coñecemento da policía e da Garda Civil. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad