Redacción 26/09/2020

Esta semana, o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo ditaba contra a posta en marcha da Área Metropolitana por mor da negativa de Vigo de participar no plan de mobilidade, admitindo así  a apelación da Xunta de maneira parcial, pois a sentenza si sanciona a constitución do ente e a elección de Caballero como presidente. A alcaldesa de Mos celebra a decisión xudicial e critica a Abel Caballero pola súa política en relación ao transporte interurbano.

 

En declaracións aos medios, a alcaldesa Nidia Arévalo parabeniza á Xunta pola sentenza favorábel ao seu recurso. Critica a Abel Caballero por “non querer que os habitantes doutros Concellos visiten Vigo” e considera inconstitucional que os prezos do transporte dependan do lugar de empadroamento do usuario. Di que Mos, pola contra, é un Concello pequeno e rural, mas aberto a todas as persoas que queiran visitalo.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad