Redacción 25/09/2020

Está semana celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos unha nova sesión da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos que será ademais, por decisión de todos os integrantes, a ultima presencial, xa que pasarán a celebrarse novamente de xeito telemático.

 

Na celebración periódica desta Comisión de Seguemento, síguese a analizar a situación da pandemia e se establecen estratexias de seguridade, protección e prevención ante o virus. Unha das decisións acordadas durante a celebración da mesa foi a de facer novamente unha entrega de mascarillas ás familias usuarias dos Servizos Sociales con fillos escolarizados e que as necesiten, para unha volta ao cole segura.

Outra medida importante acordada no día de hoxe é o cambio de hubicación do departamento de Servizos Sociais, que dende o día 1 de outubro pasarán a instalarse nas oficinas do edificio multiusos das Pozas. Deste xeito persíguese poder atender aos usuarios nun lugar más adaptado por espacio

Informouse que a partir de outubro reanudaranse algunas actividades deportivas correspondentes á apertura da segunda parte do Pavilón Oscar Pereiro; diferentes modalidades deportivas, o programa dirixido a maiores Exercítate e o programa Coidate no Pavillón Patricía Martinez.

Deuse conta do inicio dos cursos do programa TEMPO DE LECER, organizados pola concellería de participación cidadá que comenzaran nas asociacións culturais a partir do mes de outubro, e que xa foron visitadas polos técnicos municipais para establecer diferentes protocolos en función de cada espacio e de cada especialidade.

Entre os temas a tratar falouse da importancia da vixilancia que están a levar a cabo os 8 axentes da Policía Local de Mos nos colexios, Escolas Infantís e Instituto e que se seguirá a realizar.

Seguirase tamén minuciosamente cas tarefas de limpeza e desinfección, reforzándoa nos centros de ensino, puntos de recollida de lixo, zonas urbanas e parques. Ademais durante a Comisión de Seguemento desta semana abordouse tamén a posibilidade de desinfectar os exteriores das residencias de maiores e que se lles ofrecerá a cada unha delas, do mesmo xeito que se está a realizar xa esta labor no Centro de Escravas Virxe Dolorosa en Petelos.

Seguiremos desde a administración local co servizo de apoio por parte de Emerxencias e Protección Civil aos fogares con algún membro contaxiado mediante a realización da compra no supermercado e farmacia, desinfeccións, traslado á realización das pertinentes probas médicas, revisións… etc. Ademais continúa en activo o SAF (Servizo de Axuda no Fogar) Temporal Extraordinario posto en marcha como reforzo ante a pandemia e que en ningún momento se interrompeu desde a súa posta en marcha.

Trabállase xa desde hoxe, acordado na celebración desta mesa, no presuposto do ano 2021, polo tanto e tendo en conta a actual situación, os traballadores de departamentos como servicios Sociais ou a Policía están xa a redactar un informe de necesidades a ter en conta.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad