Redacción 24/09/2020

A Concellería de Cultura e Festexos comunica novos cambios debido aos cambios no tempo

 

A Concellería de Cultura e Festexos ven de decidir unha serie de modificacións na programación das Festas do Cristo 2020 para hoxe e vindeiros días debido ás previsións climatolóxicas adversas.

O primeiro destes cambios afecta ao concerto que esta tarde vai ofrecer a agrupación de gaitas “Os Zoqueiros”, previsto para ás 18.00 h. En lugar da praza do Concello, celebrarase no auditorio exterior do Centro Cultural Municipal.

Tamén hai outros dous cambios para actos programados. Para mañá venres coa sesión de cine, a proxección de “María Soliña” que pasará ao Centro Cultural Municipal, e o domingo 27, co concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre que trasladase ao Polideportivo Municipal.

A Concellería indica que poderían decidirse máis cambios en función das previsións climatolóxicas, que se informarán a través das redes sociais do Concello.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad