Preto de 2.500 persoas pasaron polo certame nas actividades durante os catro días de Festival, que xerou máis de 108 contratacións e a colaboración con 30 empresas locais. O evento axudou a reactivar a hostelería local de proximidade e utilizou máis de 100 habitacións en diversos estabelecemientos hoteleiros. As veciñas e veciños colaboraron de xeito “exemplar”, e o comportamento do público foi dunha “responsabilidade excepcional”, sen que houbese ningún incidente médico. A organización do Festival de Cans pide “respecto” para as asociacións e entidades que seguen organizando eventos culturais e que non se criminalice nin se estigmatice o seu traballo.
As actividades da XVII edición do Festival de Cans, que se pecharon a pasada fin de semana trala celebración da súa versión en liña, xeraron un total de 108 contratacións laborais. Nos catro días de actividades, o certame recibiu cerca de 2.500 persoas que asistiron de xeito físico, con todas as medidas de seguridade, a concertos, proxecións, coloquios, roteiros ou exposicións.
O equipo organizador do Festival califica como “moi boas cifras” as que arroxan os datos de asistencia física e de contratacións dada a situación actual, que obrigou a reducións drásticas de aforo e a realizar un gran esforzo para garantir a distancia social e protexer a saúde de veciños, asistentes ao certame, e traballadores e traballadoras. Nos catro días que durou o certame, os organizadores despregaron e mantiveron un estricto protocolo de control e prevención na aldea, e o comportamento do público, que foi “dunha responsabilidade excepcional”, garantiu un evento seguro. Non houbo incidente médico algún.
Contratacións de proximidade
Das 108 contratacións realizadas, 40 foron contratacións directas, relacionadas con produción, merchandising, traballo en barras ou transporte; 18 de servizos de autónomos relativos á comunicación, producción musical, deseño gráfico ou programación, e 47 de contratación indirecta de empresas que prestaron servizos ao festival, como no caso da limpeza e hixiene, seguridade privada, electricidade ou servizo de catering. Estas contratacións producíronse segundo as necesidades no tempo, con contratos de días, ata contratos de semanas ou meses en varios casos.
A maioría das persoas contratadas pertencen á comarca da Louriña, sobre todo do Concello de O Porriño -moitos da propia aldea de Cans-, pero tamén hai unha alta porcentaxe de profesionais procedentes dos concellos veciños de Mos e Salceda.
O Festival elixiu entre os seus principais provedores a perto de 30 empresas locais que lle prestaron diversos servizos. Trátase de empresas coma restaurantes ou ferreterías, pasando por artesáns locais ou servizos de imprenta. O certame segue tendo como obxectivo a filosofía de consumo “Quilómetro 0” de buscar proveedores locais e, sobre todo, e na medida do posible, de traballar con pequenas empresas e comercio de proximidade.
Cans 2020 tamén reactivou unha parte da hostelería local e de hoteis e hostais: entre os días 1 e o 5 de setembro, o Festival reservou de forma directa 102 habitacións para acoller cineastas, músicos, patrocinadores ou convidados.
Organizar o certame nun ano marcado polas restricións sanitarias obrigou a deseñar novas solucións para desenvolver as actividades. Foron dende a limitación de aforo ou o “escudo aos maiores”, polo que se evitou a realización de actividades nas casas de persoas de máis idade, á creación do Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, a gran carpa baixo a que se puideron celebrar actividades para 300 persoas mantendo a obrigada e responsable distancia social. O novo Espazo Estrella Galicia da Leira do Río converteuse na gran atracción do festival con dous grandes momentos: o coloquio con Oliver Laxe e actuación de Henrik Rover y los Míticos GTS.
A organización do Festival de Cans quere pedir publicamente respecto polas entidades que organizan actividades culturais e que non se criminalicen nin se estigmaticen os eventos culturais, convertidos nestes momentos en lugares con medidas de prevención moi estrictas, onde o público se atopa seguro.