
A denuncia foi presentada ante o Concello de Mos e a Xunta polo aparente exceso de edificación das obras nos montes comunais de Pereiras. Solicítaselle á Xunta que actúe para defender o interese público contra unhas obras que asemellan exceder as licenzas directas outorgadas polo Concello e poden ir contra a legalidade urbanística.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos outorgou na súa sesión do 29 de novembro de 2018 a licencia de obras para a construcción de dous campos de fútbol. Posteriormente, o 31 de outubro de 2019, foi dada unha licenza de obras para a construción duns «vestiarios e instalacións auxiliares imprescindibles». Os ecoloxistas denuncian que, atendendo ás informacións reflectidas en prensa, as instalacións auxiliares ás que se refire a licenza refírense, exclusivamente, a un pequeno almacén vinculado aos vestiarios, entendido como instalación imprescindible para o uso autorizado.
A actuación está desenvolvendose en terreo rústico de especial protección forestal polo que están suxeitas ao réxime estabrecido na Lei 2/2016 do solo de Galicia. Precisamente pola súa especial protección, están sometidos a un réxime de intervención e usos do chan moi estrito, que debe ser en todo momento respectado e preservado. Ditas actuacións só contan coas licencia directas otorgadas polo goberno do Concello de Mos, xa que tanto a Modificación Puntual do PXOM como o Plan Especial Deportivo express co que o Concello de Mos pretende dar cobertura xurídica ás obras non están aprobados e contan con informes desfavorábeis, algúns de carácter perceptivo.
Todo parece indicar que a sociedad Real Club Celta de Vigo, S.A.D podería estar a realizar obras ou actuacións ben sen contar coa oportuna licenza ou orde de execución (por non estar cubertas polas dúas licenzas outorgadas polo Concello de Mos nomeadas), ou ben excedendo desde un punto de vista material as condicións autorizadas nas dúas licenzas, tanto desde a óptica das obras autorizadas, como dos usos do chan, e tamén no que se refire aos terreos afectados.
Ecoloxistas en Acción esixe ao Concello de Mos que garanta en todo momento o cumprimento das previsións da Lei 2/2016, da Lei 10/1995 de ordenación do territorio de Galicia, e da demais normativa complementaria en materia de urbanismo, medio ambiente e ordenación do territorio, considerando que estamos ante terreos clasificados como de chan rústico de especial valor forestal. Ecoloxistas en Acción apercibe ao Concello de Mos que de non cumplir e facer cumplir a lei adoptará medidas legais.
Ecoloxistas en Acción solicita a APLU, Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta, que efectúe as oportunas comprobacións coa finalidade de verificar se as actuacións reflectidas neste documento e nos seus arquivos complementarios, desenvoltas en chan rústico de especial protección forestal, están a realizarse de conformidade coas dúas licenzas orixinariamente outorgadas ao Real Club Celta de Vigo, S.A.D., ou ben se exceden das mesmas, tanto desde a óptica das obras autorizadas, como dos usos do chan, e tamén no que se refire aos terreos afectados. No caso de que se estean realizando actuacións á marxe da dúas licenza outorgadas, adóptense conforme ás previsións da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia, as medidas de restablecemento da legalidade urbanística infrinxida que puidesen corresponder. En particular, a paralización das obras, e o inicio dos oportunos expedientes de disciplina urbanística, en función da natureza das infraccións hipoteticamente cometidas.