
Tras por en marcha o Plan Emprego 2020 financiado pola Deputación de Pontevedra o concello contratou novos traballador@s
O Concello de Salvaterra de Miño continua coa súa labor de integración tras por en marcha un Plan de Emprego 2020 financiado con 167.149,40 € pola Deputación de Pontevedra que arrancou en marzo.
Gracias a esta subvención o concello contratou a 15 novos traballadores e traballadoras municipais ao amparo da Liña 3 do Plan Concellos 2020.
As persoas contratadas en diferentes postos e categorías están a dedicarse a labores de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, tal e como recollen as bases reguladoras da convocatoria do plan.
Dende o Concello queren agradecer o traballo que tod@s están realizando.