Redacción 18/09/2020

Os traballos foran suspendidos por mor da crise sanitaria do COVID-19. Nesta altura, só quedan a cociña e a carpintería, e a familia poderá regresar este outono ao seu fogar.

 

A familia de Pereiras que quedou sen o seu fogar debido a un grave incendio a finais do ano pasado poderá regresar a ela durante este outono. Os traballos de rehabilitación da vivenda estaba previsto que estiveran rematados no primeiro trimestre deste 2020, o que non puido ser debido á crise sanitaria da COVID-19 e ao estado de alarma derivado da mesma, que obrigou a interromper a obra.

Os devanditos traballos retomáronse tan pronto como se puido e avanzaron a moi bo ritmo durante os últimos meses, atopándose nestes momentos case rematadas, quedando tan só pendentes a cociña e a carpintería.

A rehabilitación desta vivenda, afectada por un grave incendio, foi posible grazas á colaboración mediante aportacións altruistas e desinteresadas de empresas, voluntarios, veciñanza, Asociación de Veciños, Comunidade de Montes, Concello e traballadores municipais.

Ademais, o domingo 1 de decembro de 2019 ás 18.00 horas da tarde no Multiusos das Pozas celebrouse un Festival Solidario para recaudar fondos no que se contou coas actuacións tamén altruistas e desinteresadas da Banda de Música Xuvenil de Torroso, A Coral Polifónica Ventos do Val, o grupo de acordeóns Argonat Band e Os Chavellos de Pereiras. Alejandro Pérez foi o mestre de cerimonias, participando tamén de xeito totalmente altruista.

O incendio produciuse na noite do domingo 3 de novembro do pasado ano, afectando á casa de Rosa e a súa familia cun feroz lume que a destruiu case por completo. Desde entón un gran movemento solidario púxose en marcha e veciños, voluntarios de Protección Civil e traballadores municipais volcáronse no desescombro, retirada de entullos, limpeza e posterior inicio da rehabilitación da edificación, que xa se atopa prácticamente rematada. Pola súa banda tamén o Concello de Mos, xunto coa Comunidade Montes de Pereiras, a A.V.V. Nosa Terra e Cáritas organizaron o dispositivo para a volta a normalidade desta familia canto antes.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad