Redacción 17/09/2020

Dende a ANPA do CEIP Plurilingüe de Guillarei queren facer pública o malestar da súa comunidade educativa e moi especialmente do alumnado de 1º de primaria xa que a data de hoxe non teñen asignado un tutor/a pola Xunta

 

 

Solicitada información á Dirección do Centro do motivo polo que non está cuberta esa praza, esto é o que se lles comunica:

 

No mes de xullo púxeron en coñecemento da Inspección que unha praza que corresponde por catálogo ao seu centro, a de Lingua Estranxeira (francés), non se cubriu no concurso xeral de traslados, nin na resolución provisional, nin na definitiva, por un erro administrativo.

 

Volveron solicitar en diversas ocasións esa praza á Xefatura Territorial, insistindo que non é unha baixa nin unha sustitución, senón que é unha praza que tiña que ter sido cuberta no CADP.

 

Inspección coméntalle ao Equipo Directivo do centro que o mais probable é que se cubra como unha praza de Educación Primaria sen esa especialidade, cuestión que lle parece razonable á dirección do centro e non puxo ningunha obxección.

 

A mércores 16 de setembro de 2020, e despois dunha semana do comezo de curso esa praza segue sen adxudicarse e sen aparecer como vacante nas listas de substitución.

 

O Equipo Directivo informalles que a Inspectora de zona comunicoulle a semana pasada, que a praza estaría cuberta en 2-3 días pero segue sen estar cuberta.

 

Esta situación está creando un malestar xeral na súa comunidade educativa, e con mais motivo pola actual situación na que nos atopamos pola COVID19 e os protocolos a cumplir.

 

Hai que ter en conta amais a peculiaridade de que o este CEIP está dividido en dous edificios: Infantil e Primaria, algo distanciados, o que supón que algúns dos mestres teñan que desprazarse dun edificio ao outro o que dificulta poder facer as susbtitucións.

 

Algunhas das familias de 1º de Primaria xa decidiron non levar aos nenos/as a clase mentres non teñan tutor/a e o resto está valorando facer o mesmo ata que se cubra a praza.

 

Entenden amais que o Equipo Directivo non pode garantir que se cumpra o protocolo COVID. Nen na propia aula de 1º de primaria, que ten que ser atendida cada hora por un mestre distinto, incumplíndose o protocolo de acollida.

 

Polo tanto, dende a ANPA do CEIP Plurilingüe de Guillarei trasladan o seu descontento con esta situación, e agardan unha inmediata resposta e solución por partes da Xefatura Territorial.

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad