
Converxencia 21 avisa ao Goberno Local das múltiples queixas da cidadanía sobre a limpeza viaria
O partido liberal decidiu comunicar ao Sr. concelleiro de área e por rexistro de entrada, as múltiples queixas respecto do servizo de limpeza viaria, entendendo que a pesar do gran esforzo dos traballadores, esta prestación vense deteriorando progresivamente dende a entrada do Partido Socialista no goberno. Por exemplo, o camión cepillo practicamente non se utiliza, e existen rúas como San Bartolomé, Pallans, Arraial, Calzada e os finais de Colón, Avda de Portugal ou Concordia que adoecen de sistematización na hixienización.
José Palacín solicita unha maior supervisión dende a concellería como cando C21 gobernaba e a cidade, barrios e parroquias observábanse máis limpos.