
Semella que tanto a asociación veciñal coma a concelleira Cami Nogueira non chegaron a entenderse polo que amosan as declaracións de ámbalas dúas partes
A Asociación Veciñal de San Benito San Sebastián reclamaba nas súas redes sociais, en referencia ao Centro Cívico Municipal, que “o uso debe ser para que veciños e veciñas do Porriño poidan desenvolver as súas actividades” engadían que trátase dun edificio de uso social.
Consultada esta cuestión coa concelleira de Cultura, Cami Nogueira esta aclarou que “no Centro Cívico tiñan dous ou tres espazos, e os seguen tendo, xa que a zona que agora se adica a estudo é a única que se sacrifica, pois esta empregábase para actividades coma zumba ou actividades nas que polo protocolo do Covid non se podían respetar as distanzas de seguridade”. Pola contra, a concelleira de Cultura indica que, con anterioridade, “ofrecinlles a segunda máis grande do Centro noutro andar, xa que outra opción baraxada era no pabellón, pero que descartaron ao quedar mais lonxe”.
Agora estanse a replanificar as zonas de uso para actividades coas restantes asociacións, pois “aínda que algunhas como as de Pontellas ou Carracido contan con locais propios, as de Porriño non.
Así mesmo, Cami Nogueira explica que “A Escola Municipal de Música traslada os sus ensaios para Torneiros, polo que o espazo que ocupaban os músicos volverá ser replanteado tamén para uso de actividades das distintas asociacións porriñesas”.