Converxencia 21 solicita a Alcaldía que apreme para que se rematen as obras de reparación da Ponte da Veiga
O concelleiro do partido liberal de Tui, José Palacín, solicitará por rexistro de entrada esta semana que o Sr. Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, apreme a Confederación Hidrográfica co obxecto de que se remate a obra da Ponte da Veiga que leva en suposta execución dende novembro do ano pasado cando sufrira un colapso.
Palacín afirma que: “Non se pode colar como nova normalidade unha circulación traumática nun viario tan esencial como o Camiño da Veiga do Louro, os veciños e usuarios está a sufrir un grave trastorno económico e de tempo debido a interrupción semafórica. Somos conscientes da complexidade técnica da reparación pero dez meses é un prazo máis que sobrado para afrontala”.
C21 xa solicitara que o Sr. Alcalde mediara nesta cuestión no transcurso do Pleno do mes de xullo.