C21 considera que houbo precipitación no traslado do mercado pero, dados os feitos consumados, o apoiará mentres dure a alerta sanitaria polo COVID
O Concelleiro do partido liberal congratúlase de que por fin, tras dous meses de peticións, puidese consultar o expediente de traslado do Mercado do Xoves aos terreos de Cam-Fran.
Tralo seu estudo, José Palacín considera que: “Existiron algunhas deficiencias na xestión, e como ben amosan posteriores declaracións e actuacións do Goberno, o COVID serviu de escusa para o cambio, isto en contraposición ca diafanidade da Concelleira do Goberno Anterior, Dª Milagros González, que no seu momento plantexara tamén este traslado pero con un debate de portas abertas a tódolos tudenses”.
Tamén aclarar que o Sr. Alcalde afirmou en sesión plenaria que: “O expediente de traslado do mercado o abrira Converxencia 21 no seu mandato”, cando en realidade data do 7 de Xullo de 2020, curiosamente días despois de que o conxunto da oposición introducise por rexistro de entrada a solicitude dun pleno monográfico sobre o mercadillo, documento que se acompañaba dunha xustificación de motivos que pivotaba sobre 10 puntos, entre eles que se mostraran por parte do Goberno os informes preceptivos que xustificaran o cambio de ubicación por razóns sanitarias, a documentación sobre os terreos de asentamento, os informes urbanísticos e memoria técnica, así como a existencia dun seguro de RC ou un axuste do procedemento de traslado as ordenanzas municipais.
O Goberno Local instalara o mercado días antes – segundo os liberais -, “sen atender de forma rigorosa a algunha destas cuestións”. Por iso Palacín considera que: “O PSOE obrou con precipitación e a remolque da oposición”.
Por outra banda, C21 sigue lamentando que a iniciativa do cambio se executase sen consenso cos comerciantes, sen debaterse na Corporación e con un gasto tan elevado e inusitado nas administracións públicas, tendo en conta a natureza dos terreos e a provisionalidade da medida debido a que C21 interpreta co informe xurídico constrinxe a validez deste traslado ao tempo que se prolongue esta situación xerada polo COVID 19.
C21 admite que este cambio é positivo dende un punto de vista sanitario, por iso que, xa trasladado por feitos consumados, vai a apoialo mentres dure esta crise COVID pero unha vez pasado este período, exhorta ao Sr. Cabaleiro a “reabrir o debate, posto que todos, clase política, comerciantes e usuarios, teremos para esas datas unha visión máis empírica da conveniencia de deixalo onde se atopa, sempre ca normativa urbanística o permita, ou devolvelo a seu lugar tradicional”.