Redacción 07/09/2020

O Concello corrixe así importantes eivas de seguridade no vial, grazas a unha subvención da Xunta de máis de 35.000 euros. 

 

Hoxe realizouse o asfaltado no Camiño da Quiringosta. Tales labores foron supervisados pola alcaldesa de Mos e polo tenente alcalde, que se achegaron ao lugar dos traballos. Esta obra de corrección das deficiencias na seguridade viaria ten un orzamento total de 42.769,87 euros, sendo o importe da subvención autonómica concedida de 35.347 euros e a aportación do Concello de 7.422,87 euros.

Deste xeito o Concello de Mos continúa dando pasos na súa folla de ruta e manteñen o seu obxectivo de realizar unha batería de asfaltados ao ano, que forman parte do Plan Anual de Mellora de Viais Municipais, en resposta ás importantes fallas que sofre a rede de estradas e camiños de Mos desde hai anos.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad