Redacción 05/09/2020

As curtas a concurso e o coloquio con Oliver Laxe, no gran día do Festival de Cans

Este sábado chega o día grande do Festival de Cans, coa proxección das curtas das principais categorías a competición -ficción, animación e Furacáns- e outras seccións como ExtraCans. Ademais,un dos grandes momentos do día, como será o coloquio no Espazo Estrella Galicia da Leira do Rio co director Oliver Laxe.

Ao longo do día tamén terá lugar ás 17,30 un encontro con todas as realizadoras e realizadores do festival, para rematar co concerto final de Henrik Rover y los Míticos GTS e a entrega de premios.

A edición máis especial do certame remata mañá logo de catro días de proxeccións, coloquios sobre cinema, exposicións ou presentación de proxectos. Todas as entradas para asistir a Cans o sábado están agotadas desde hai días, e ese día non se venderán xa entradas. Por este motivo, a organización pídelle ao público que evite acudir a Cans sen entrada, xa que non se facilitará ningún tipo de parking e só se poderá acceder en bus coa inscripción e rexistro realizados previamente.  Desde as 9,00 horas do sábado comezarán a funcionar os autobuses para que o público poida achegarse a Cans desde os aparcamentos habilitados na zona do Porriño.

Tampouco estará permitido beber na rúa, agás en espazos habilitados como terrazas de negocios de hostelería. A partir das 23,30 horas da noite, procederase ao desaloxo ordenado de toda a aldea, para tratar de molestar o menos posible ás veciñas e veciños.

A organización desplegará un amplo dispositivo de seguridade privada con 25 efectivos para velar polo cumplimento das normas, complentado coa apoio da Policía Local do Porriño e a Guardia Civil, así como unha empresa de limpeza que desinfectará periodicamente as salas e os váteres portátiles distribuídos pola aldea. Este sábado e este domingo, a primeira hora da mañá, un camión de bombeiros tamén limpará e desinfectará todos os camiños e zonas transitadas de Cans.

Óliver Laxe nos Coloquios na Leira

No día grande de Cans, Óliver Laxe, sen dúbida o cineasta galego de maior relevancia internacional, encontrarase co público nun coloquio que se celebra ás 12 horas no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. As entradas levan esgotadas días. A actividade poderá seguirse a través da canle do Festival de Cans en Youtube.

O coloquio con Óliver Laxe chega a Cans dous días despois de que pasasen polo certame os protagonistas de O que arde, Benedicta Sánchez e Amador Arias, que o xoves cautivaron ó público no seu coloquio no Baixo de Carlos.

Música, actividades infantís e clausura

E coa noite chegarán as actividades de clausura da décimo sétima edición do Festival de Cans. Será no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. Primeiro, o concerto de Hendrik Röver y Los Míticos GTS, un potente e dinámico trío de músicos curtidos e excelentemente conxuntados que interpretan con solidez e confianza o repertorio de Hendrik Röver, quen fora líder do grupo de blues Los DelTonos.

Cando a música pare -22.45 horas-, comezará o momento máis agardado do certame: a gala final e a entrega de premios. E coñeceranse os nomes das cintas elixidas polo xurado e polo público. Despois de catro días de cinema e cultura. Na edición máis especial do Festival de Cans

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad