Redacción 03/09/2020

Dende o 5 ao 18 de setembro haberá visitas guiadas, gastronomía, talleres e música sefardí nas dúas cidades transfronteirizas

 

 

A programación das Xornadas Europeas da Cultura Xudía da Rede de Xuderías de España, inclúe actividades e eventos para todos os públicos, que se desenvolverán en Tui e Valença, baixo a denominación de: “Rutas Serfardís”.

 

Esta mañá a Sala de Concelleiros da Casa do Concello de Tui acolleu a presentación das “Rutas Sefardís”. Un programa de actividades para conmemorar as Xornadas Europeas da Cultura Xudía, que correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Turismo e Patrimonio, Laureano Alonso xunto co vereador de Cultura da Cámara de Valença, José Monte.

 

As actividades realizaranse dende o 5 ate o 18 de setembro na Eurocidade Tui – Valença. Por primeira vez haberá eventos nos que participen “dous Concellos de dous países distintos”. Eran as palabras do concelleiro de Turismo e Patrimonio Laureano Alonso, quen apuntou que a finalidade é por en valor o patrimonio xudeu destas dúas vilas. Na presentación, o edil amosou o seu interese porque nun futuro, Valença poida formar parte da Rede de Xuderías de Portugal.

 

O concelleiro Laureano Alonso fixo mención especial á guía turística das rutas polas xuderías de Tui. Un traballo realizado pola xornalista Alejandra Abulafia, e editado pola Rede de Xudarías de España, que xa está dispoñible para a súa descarga.

 

As Rutas Sefardís por Tui e Valença arrancarán este sábado ás 12:30 h dende o Museo Diocesano de Tui e se levarán a cabo tanto en Tui coma en Valença, até o domingo 13 de setembro.

 

A cociña xudía tamén estará representada nestas xornadas. Será coas rutas Gastronómicas Sefardís. Poderase degustar o bacallau, alimento moi apreciado na cociña sefardí e que ten gran presenza actualmente tanto na cociña portuguesa coma galega. Participarán un total de 21 restaurantes de Tui e 9 de Valença.

 

Ademais destas rutas e visitas, están programados dous concertos de música sefardí a cargo de Carmen Penín e Maurizio Polsinelli. Un deles será en Tui o sábado 5 de setembro no conxunto histórico da cidade e o outro na Fortaleza de Valença.

 

Para calquera destes eventos o aforo está limitado até completar as prazas, co fin de cumprir coas medidas e protocolos COVID-19.

 

O programa inclúe unha exposición de paneis no Museo diocesano, que se poderá visitar dende o 5 até 20 de setembro.

 

O taller de repostería sefardí do 18 de setembro, dirixido exclusivamente as profesionais da hostalería das dúas cidades. Será impartido por Abigail Cohen de Hervás. O curso terá lugar na aula da UNED de Tui, no Convento de San Domingos. Neste caso, os profesionais interesados deben inscribirse na Oficina de Turismo de Tui.

 

Na presentación destas xornadas participou tamén o vereador de cultura de Valença José Monte. Salientou que este é un primeiro paso para dar a coñecer un patrimonio que posúe Valença, ademais de destacar a unha oportunidade que teñen para promocionarse xunto a Tui.

 

Por último, lembrou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro na súa intervención, a importancia da entrada de Tui na Rede de Xuderías de España, así coma a posibilidade que brinda de pór en valor un legado cultural e patrimonial de primeira orde. Resaltou o rexedor o carácter transfronteirizo destes eventos, que supoñen un valor engadido á importancia deste evento. Apostou porque nun futuro estas xornadas sexan os da Eurocidade Tui – Valença, como un único organizador, e destino común das persoas interesadas en coñecer o seu patrimonio xudeu.

 

O programa completo é o seguinte:

 

RUTAS SEFARDÍS POR TUI E VALENÇA

Sábado 5

Ás 12.30 H Colección de Sambenitos da Catedral no Museo Diocesano de Tui

Ás 18 h hora española: Patrimonio judaico en Valença no Largo Sta. María dos Anjos en Valença

Domingo 6

Ás 12.30 h “O Tui de Francisco Sánchez” no Cárcere Vello de Tui.

Do luns 7 ao venres 11

Ás 12 h e ás 18 h Introdución ao patrimonio xudeu en Tui. No Museo Diocesano de Tui

Sábado 12

Ás 12.30 h no Museo Catedralicio: Os prateiros xudeus e criptoxudeus na Catedral de Tui

Ás 18 hora española no Largo Sta. María dos Anjos: Patrimonio judaico en Valença

Domingo 13

Ás 12.30 h no Museo Diocesano: Colección de Sambenitos da Catedral

 

CONCERTO DE MÚSICA SEFARDÍ CON 2NAFRONTEIRA: CARMEN PENIM (VOZ) E MAURIZIO POLSINELLI (PIANO E HARMONIO)

Sábado 5 ás 20 h na praza de Frómista en Tui. Prazas limitadas até completar aforo

Sábado 12 ás 19 hora portuguesa no Largo de Santa Mª dos Anxos. Prazas limitadas até completar aforo

 

RUTAS GASTRONÓMICAS SEFARDÍS: BACALLAU NOS RESTAURANTES DE TUI E VALENÇA. DO 5 AO 18 DE SETEMBRO

Valença

Churrasqueira Valenciana

Baluarte

Bom Jesus

Fatum – Casa de Fados

Portas da Coroada – Fortaleza

Fortaleza I

Fortaleza II

Muralha

Pousada S. Teotónio

Limoeiro

Tui

Alboio: en empanada

Ideas peregrinas: tosta con bacallau

Parador de Tui: bacallau con broa

El Niño Trasto: á brasa con barbur e melocotón caramelizado

Jaqueyvi: á brasa

Tapas e viños: ensalada con bacallau

La de José Luís: encebolado

El Molino: á portuguesa e tamén empanada

Puro Sabor: ó forno e empanada

Novo Cabalo Furado: á prancha, á galega, ó forno, boliños e tamén empanada

Vello Cabalo Furado: á portuguesa, empanada e boliños

Santiamén: asado con cebola

A Macoca: ó forno

Pote: ensalada de bacallau e á galega

Happy Restaurant: lascas de bacallau, empanada

Monte Aloia: á brasa e ó forno

Cruceiro do Monte: á portuguesa

A vaca tola: tosta de bacallau

Época: á prancha estilo Época e ensalada templada de bacallau afumado

Arrayal 39: á brasa e á galega

Asador Paulo: á brasa

 

EXPOSICIÓN: AS RUTAS SEFARDÍS – FRANCISCO SÁNCHEZ

Do 5 ao 20 de setembro no Museo Diocesano:Exposición de paneis no Museo Diocesano de Tui

 

TALLER DE INMERSIÓN Á REPOSTERÍA SEFARDÍ

Venres, 18 de setembro, ás 19 h

A cargo de Abigail Cohen, da pastelaría La Candela de Hervás.

Lugar: Convento de San Domingos (Aula Uned)

Inscrición unicamente para profesionais na Oficina de Turismo (677.418405)

 

VINDEIRO EVENTO

Luns 26 de outubro

Jornadas Gastronómicas “Sabores de Sefarad” con Javier Zafra (autor do libro “Sabores de Sefarad: los secretos de la gastronomía judeoespañola”).

Este libro á venda en “Alimentación Alonso” e Librerías Iris e Nobel.

 

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad