Redacción 02/09/2020

A organización Tu abrigo, su vida, cuxo obxectivo é loitar pola prohibición de granxas peleteiras de visón americano no Estado español, lanza unha campaña nas redes sociais para exixir á Consellaría de Medio Rural a adopción de medidas con respecto do COVID-19 e o peche das granxas. Recentemente foron reportados numerosos casos de infección por COVID-19 entre exemplares desta especie en Teruel, situación que terminou co sacrificio de case 100.000 daqueles polo risco de transmisión a humanos.

 

Co obxectivo de previr posíbeis riscos sanitarios, en relación aos case 50 casos de infección por COVID-19 en granxas de visóns nos Países Baixos, Dinamarca, Estados Unidos e España, o pasado 27 de agosto a devandita organización remitiu unha carta con propostas aos colexios oficiais de veterinarios e á Consellería de Medio Rural. A misiva foi subscrita por outras sete organizacións ecoloxistas, entre as que se encontran Adega e Ecoloxistas en Acción, e comprendía medidas como a publicación dunha lista de granxas de visóns inspeccionadas e do número de visóns aos que se realizou a proba RT-PCR, a intensificación da investigación nas granxas con fins preventivos e a promoción de cambios lexislativos que avancen na clausura definitiva destas explotacións.

Segundo explica a organización, existen serias preocupacións éticas e de benestar animal en relación á crianza de visóns que levaron á súa prohibición en até 13 Estados membros da UE. Europa experimentou así un desenvolvemento político e lexislativo revolucionario contra a industria peleteira, e outros parlamentos nacionais están considerando a prohibición.

As granxas peleterias de visóns puxeron ao visón europeo nunha situación cercana á extinción. Esta especie autóctona do noso continente vese desprazado e é xa o carnívoro máis ameazado de Europa, e no Estado español quedan menos de 500 exemplares. O visón europeo despareceu do 90% da súa área de distribución orixinal por mor da inclusion desta especie invasora americana que fuxe a cotío das granxas. Grandes cantidades de fondos públicos son investidos cada ano na tentativa de controlar a poboación destes animais, ainda que se continúe permitindo a existencia desta industria, que é a causa do problema. Por estes motivos, a iniciativa propón o peche definitivo das granas peleteiras.

Outro dos aspectos imortantes e que a produción de peles ten un impacto perxudicial sobre o medio ambiente. O cheirume que emana destas granxas ten un impacto devastador sobre as comunidades locais cercanas aos estabelecelementos, pois trae consigo grandes cantidades de mosquitos. Alén disto, a escorredura dos residuos das granxas de visóns causan un grande perigo de contaminación cando se infliltran no chan e chegan ás vías fluviais. Cómpre mencionar tamén a importante pegada de carbono que supón a cadea de producción desde o penso até o abrigo, e o seu común mantenemento en refrixeración. 

A existencia de granxas supón un posíbel risco para a saúde pública, pois foron xa case 50 granxas infectadas por todo o mundo, debido á velocidade de contaxio pola cercanía das gaiolas e das pésimas condicións sanitarias que acostuman ter estas instalacións. As granxas peleterias comportan polo tanto un grande risco par a natureza, a saúde e o benestar dos animais e, potencialmente, para a saúde pública e, por estes motivos, o conxunto de organizacións animalista e ecoloxistas solicitan que se leven a cabo as súas propostas o antes posíbel.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad