Redacción 01/09/2020

Unha vintena de postos participarán na Feira de Oportunidades ACITUI esta fin de semana

O evento será no Paseo da Corredoira e contará coas medidas e protocolos de seguridade fronte á COVID-19

 

 

Esta mañá presentouse na casa do Concello de Tui a Feira de Oportunidades, que organiza ACITUI en colaboración co Concello de Tui. No acto estiveron presentes alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a Concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez e o presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, Juan Carlos Blanco.

 

Haberá 20 postos de téxtil, calzado, complementos e xoguetes distribuídos polo Paseo da Corredoira este sábado e domingo, en horario de 11 h a 21 h. Ademais en ambas xornadas contarase con diversas actuacións musicais. O sábado actuará a banda Lembranzas da Terra e Carmen Penin na Praza da Fromista. Pola noite as Lagharteiras, serán as protagonistas, no Palco da Música. O domingo haberá pasarrúas da mán do Grupo Xuntanza de Randufe e a visita de Mickey e Minnie.

 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro apuntou na súa intervención a necesidade de apoiar ao comercio local, un dos sectores máis castigados pola actual crise sanitaria. Un evento “compatible e necesario” que pode desenvolverse con seguridade na cidade. Tamén, recordou que o Concello de Tui mobilizou 1 millón de euros para tratar de paliar precisamente os efectos económicos da pandemia da COVID-19.

 

A concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez sinalou esta Feira de oportunidades coma un evento de vital importancia para que o comercio local poida dar saída ao seu stock.

 

Mentres, o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco aproveitou para convidar á cidadanía a visitar a Feira, que contará coas medidas necesarias para garantir a seguridade dos asistentes e suporá un “impulso ao comercio local”.

 

A Feira de Oportunidades tivo que aprazarse en marzo debido ao estado de alarma. Esta fin de semana celebrarase cumprindo os protocolos sanitarios. Haberá control de aforo e de temperatura, os postos estarán delimitados e diferenciarase os accesos e as saídas, para evitar aglomeracións. Ademais, os asistentes deberán levar a máscara e terán a súa disposición xel desinfectante.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad