Amais con fondos propios estase a construír un muro no campo de fútbol de Ribadelouro e a cambiar as luminarias dos pavillóns por tecnoloxía led
O Concello de Tui ten rematadas ou a piques de facelo as obras executadas ao abeiro do Plan Concellos 2018 e 2019 da Deputación de Pontevedra.
Así por unha parte o Concello de Tui ven de rematar as obras de asfaltado no barrio da Malladoura en Baldráns, actuación que contou cun importe de 49.476,68 euros e que estaba incluída no Plan Concellos do ano 2018. Tamén formaba parte do Plan Concellos do 2018 o acondicionamento das pistas de tenis de Areas por importe de 64.245,22 € que veñen de ser recepcionadas.
Outra das obras rematadas é a substitución da cuberta da nave de maquinaria que o Concello de Tui ten en Guillarei , que supuxo un investimento de 63.120,32 €.
Por outra parte está próxima a finalización a adecuación da área lúdico recreativa do CEIP de Rebordáns por importe de 42.442,18 euros e a elaboración da cartografía six, ortodixital e rede topográfica do Concello de Tui por importe de 90.000 €.
Todos estes proxectos forman parte do Plan Concellos da Deputación do ano 2018, onde restan por executar unha área recreativa na aula das Bornetas do CRA Mestra Clara Torres, así coma a obra con maior orzamento que é a humanización da rúa Colón que suporá un investimento de 314.000 € e cuxo contrato se acaba de asinar.
Con respecto as obras do Plan Concellos do ano 2019 están todas adxudicadas e algunhas rematadas, coma a renovación de equipos da radio municipal e o Deporemse que está tamén a piques de concluírse.
Ao marxe da financiación do Plan Concellos, o Goberno Municipal tamén está a executar, neste caso con fondos propios a construción dun novo muro no campo de fútbol de Ribadelouro ante o risco de derrube que presentaba a anterior estrutura. E está a proceder ao cambio das luminarias dos pavillóns municipais por tecnoloxía led, o que permitirá mellora a eficiencia enerxética nestas dúas instalacións co conseguinte aforro económico.