Redacción 25/08/2020

As Pedriñas Territorio Cultural pecha este de mes de agosto con dous concertos na zona da terraza, Pillaband’s e Calle Melancolía. Terán lugar o xoves e o sábado e serán os dous de balde con billeteira inversa.

 

O xoves 27 actuará PillaBands a partir das 21:00h. Este colectivo nace de reprodución de “Animais de Rúa” e “Choran as Pedras” coa única e fantástica función de alegrar as vosas vidas. O proxecto PillaBánico bebe de diferentes ritmos do folclore mundial. Joropos, Cumbias, Rumba, Tango, Reagge, Balkan, Swing pasando polo filtro do folclore galego. É un show con interacción co público cun alto nivel de enerxía, bo rolo, con carácter Neofolk, combinando a espontaneidade co saber estar e a xenialidade, todo isto mesturado con xamon e viño, letras con retrogusto e melodías que desbordan alegría. Así, Pillabands confórmase como un grupo versátil para todos os públicos.

O sábado será a quenda de Calle melancolía, o dúo acústico formado por Eder González e Manu Abalo. Nado hai xa un par de anos, e xuntando o público de todas as idades que comparten a paixón por toda a obra do cantautor de Úbeda, Joaquin Sabina, rememora as cancións que nos acompañaron en diferentes momentos das nosas vidas. A súa intención cada vez que soben a un escenario é chegar dunha forma directa a todo o público e á vez facelo partícipe de todas as cancións que seleccionadas, para poder así xuntos homenaxear a música, a poesía e o humor dun dos maiores xenios que nos deu o arte nos últimos tempos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad