A corporación Municipal do Porriño celebrará este mércores 26 de agosto, a partir das 18 horas, pleno ordinario correspondente ao mes de agosto.
A orde do día da sesión consta de 9 puntos máis mocións, rogos e preguntas.
- Aprobación da acta núm 08/20 da sesión do 29/07/20 e acta núm 09/20 da sesión do 07/08/20
- Dacion de contas de decretos dictados pola Alcaldía dende o 25/07/20 ao 21/08/20
- Dacion de conta da morosidade do 2º trimestre
- Aprobacion da conta xeral do exercicio 2019(expdt. 2269/2020)
- Aprobacion inicial do suplemento de crédito 2/2020(expdt.2939/2020)
- Prorroga de concesión de supermercado na praza de abastos
- Acordo aprobatorio do expediente de contratacion do servizo de recollida e transporte de residuos domésticos e asimilables, así como punto limpo do concello do Porriño, suxeito a regulacion harmonizada(expdt 2841/2020).
- Aprobacion definitiva da ordenanza reguladora do uso da lingua galega(expdt. 1782/2020)
- Mocion de EU SON DO PORRIÑO relativa a dinamizacion do pequeno comercio
- Mocion do BNG relativa ao protocolo fronte a COVID 19 no inicio do curso escolar 2020/2021
- Mocion do grupo EU SON DO PORRIÑO relativa a recollida de demandas das direccion e ANPA dos colexios para un inicio seguro do curso 2020/2021
A primeira convocatoria é mañán mércores 26 ás 18:00, e a segunda o venres 28 ás 18:00.