As instalación actuáis dos dous colexios de Salceda non permiten a distancia física suficiente entre @s nen@s que garanta unha maior seguridade ante a pandemia da COVID 19
En menos de tres semanas está prevista a volta presencial ás aulas despois dos meses de clases telemáticas e das vacacións de verán.
Salceda conta nestes momentos con máis de 800 nen@s entre os colexios de infantil (CRA Raíña Aragonta) e primaria (CEP Altamira).
As instalación actuáis dos dous colexios non permiten a distancia física suficiente entre os nenos e nenas que garanta unha maior seguridade ante a pandemia da COVID 19.
O Concello de Salceda entende que resulta fundamental a disminución das ratios para garantir unha maior seguridade d@s nen@s, mais a realidade é que os dous colexios mencionados non dispoñen das aulas suficientes para garantir esa disminución de ratios.
O Concello considera que a colaboración entre administracións cando se trate de garantir a seguridade dos nenos e nenas ten que resultar indiscutible, este Concello pon a disposición da Consellería de Educación o edificio do antigo centro de saúde, situado en pleno casco urbano e que no Pleno do 27 de agosto se vai solicitar o seu cambio de uso, dando cabida tamén ao uso educativo, e a antiga aula unitaria de Revolta, na parroquia de Parderrubias, para que poidan destinarse a uso escolar e deste xeito poder baixar as ratios dos colexios.