Redacción 20/08/2020

O Centro Cultural as pedriñas volver convidar a unhas xornadas de música en directo, desta vez, adaptadas ás novas medidas de seguranza sanitaria. O colectivo Ghaveta e a cellista Marigarida Mariño darán mostra dos seus traballos, cos que deleitarán aos asistentes.

 

O colectivo Ghaveta, que actuará de balde hoxe, xoves ás 21 horas, presenta neste 2020 “A raíz do Pensamento”, o seu novo traballo. O grupo está composto por Beatriz Martínez na arpa, Diego Langarika no bouzouki e na guitarra, Felipe Rodicio no violín e Marta Martínez na voz, percusións e bouzouki. Trátase dun traballo moi persoal e coidado no que a música tradicional galega continua a ser a gran protagonista sempre engalanada, con profundas armonías e ritmos. Contén temas tradicionais mantendo a liña de Disque, mais como novidade amplían fronteiras cara Portugal, con dous novos temas Entrudo e Moleirinha. Contarán nesta ocasión con grandes colaboracións.

Venres ás 21 horas será a quenda de Margarida Mariño, coa súa proposta en solitario que presenta un repertorio orixinal para violoncello inspirado en temas coma a ecoloxía, o cambio climático ou as migracións humanas, utilizando pedais de efectos, voz e loops cos que logra crear texturas únicas e complexas orquestacións que dan lugar a un estilo moi persoal no que xéneros tan aparentemente diverxentes coma o postrock, triphop ou a música clásica vibran cunha soa voz. A entrada será gratuita para os socios do Centro Cultural, e as persoas alleas a este poderán reservar a súa por 8 euros. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad