A plataforma política Recortes Cero posiciónase a favor das medidas de loita contra a pandemia, rexeita as recentes convocatorias contra as mesmas e salienta o labor dos traballadores dos servizos básicos. A continuación reproducimos o seu comunicado:
Ata en seis ocasiones, Recortes Cero publicou na prensa o manifesto “Para gañar ao COVID-19 UNIDADE e SOLIDARIEDADE” asinado xa por 170 personalidades, 350 organizacións e máis de 30.000 persoas. E agora, ante o aumento dos gromos e contaxios diarios, Recortes Cero chama a apoiar cerradamente as medidas sanitarias e de seguridade adoptadas polo Goberno e as autoridades autonómicas.
O movemento social, cultural e político Recortes Cero, considera unha irresponsabilidade convocatorias como as de pasado domingo, e un chamamento á insolidariedade, sen ningunha medida de seguridade sanitaria, e incumprindo as regras que permiten protexer á maioría do contaxio. Nun momento como este, no que a preocupación polo aumento de contaxios percorre a sociedade, e cando desde moi diferentes sectores sociais e profesionais fanse inxentes esforzos por coidar dos máis vulnerables e asegurar que o conxunto do país ten as condicións para vencer á pandemia, é inaceptable a confrontación, a insolidariedade e a inseguridade.
Recortes Cero seguirá apoiando cerradamente as medidas que tome o Goberno e as autoridades autonómicas, poñendo toda a súa organización e recursos ao dispor do que a loita contra a pandemia necesite. E chama a todo o país a seguir incrementando os apoios ao manifesto Unidade e Solidariedade, para que teñamos tanta forza na primeira liña sanitaria, como na loita contra os recortes e a crise que xa está a sufrir unha maioría da poboación.
Por último, Recortes Cero quere agradecer a quen segue sendo a primeira liña contra a enfermidade e o contaxio nos servizos básicos, e todos os esforzos que día a día nos fan sentirnos orgullosos dos nosos servizos públicos, os nosos traballadores, autónomos e empresarios.