O proxecto foi posto en marcha por unha empresa do Porriño -Ramecq- e o arco colocarase tamén noutras instalacións municipais
Esta semana na porta de acceso principal ao Multiusos de Torneiros está a proba unha cabina anti-Covid desenrolada por “Ramecq”, unha empresa do Porriño.
O pórtico de entrada, está dotado cun sistema de toma de temperatura, dispersor vaporizador, xel hidroalcohólico e alfombra desinfectante como xa tiveron oportunidade de comprobar as persoas que acuden ás oficinas de “Porremprego” e demais servizos ubicados no Multiusos de Torneiros.
Segundo explica a empresa “Ramecq” na súa páxina web, que ten a súa sede no polígono industrial de A Granxa , o sistema co que está dotada a cabina “Smart Sanitizer” que desenrolaron, emprega produtos químicos e desinfectantes aprobados polas normativas europeas e respetuosos co medio ambiente.
O concelleiro de Servizos Sociais e Emprego, David Alonso, manifestou “colocaremos a cabina a proba noutras instalacións municipais coma o Polideportivo, tamén no Centro Cultural e falei con Alfonso Pato, director do Festival de Cans para que valoren a súa instalación na vindeira edición deste evento”.