Redacción 19/08/2020

 A maldición de Malévich.

Estréase por fin a curtametraxe “Para sempre, Malévich”, rodada en febreiro e rodeada dunha aura de obra maldita.

Cando en febreiro de 2020 se daba no Porriño a claqueta final da rodaxe da curtametraxe “para sempre Malévich”, pouco podían os seus responsables prever o que se lles viña enriba. O proxecto, que adapta a obra do escritor galego Diego Giráldez, tiña todo para funcionar: un elenco de contrastado talento, unha obra literaria detrás recoñecida por crítica e público, un proxecto de sensibilización arredor da diversidade funcional e unha listaxe de certames aos que se presentar. E chegou marzo e derrubouno todo.

Da pandemia, o sector cultural e máis concretamente o audiovisual, posiblemente foron os máis afectados. Un impacto aínda maior, se cabe, no mundo da curtametraxe, xa habitualmente precario. E neste sentido, “Para sempre Malévich” non era unha excepción. 

O proxecto, que comezou a forxarse en xullo de 2019, buscaba adaptar os textos de “Galería de Saldos” de Giráldez e converterse ao mesmo tempo na ópera prima dos seus creadores: o director e guionista Antón Veiga e o director de fotografía Mateo Hernández. 

A obra que por fin se estrea conta con Iria Sobrado como actriz protagonista dunha historia na que a súa personaxe, a galerista de arte Mara, coñece a Berthram, un tratante de arte cego, quen é interpretado polo actor do grupo de teatro da ONCE Valacar, Felipe Cotelo.

 Foi precisamente o compromiso dos creadores por contar cun actor invidente o que atraeu a atención dos medios no momento da rodaxe. E o que lle abriría as portas á obra para participar en festivais de curtametraxe de todo o territorio, pero poñendo un especial

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad