Redacción 18/08/2020

Representantes do Concello e da Deputación de Pontevedra recorreron a rúa verificando as obras realizadas nas que a Administración provincial aportou un 85% e a local o 15% restante

 

A alcaldesa, Eva García e o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira comprobaron hoxe xunto cos deputados provinciais, Carlos López Font e Santos Héctor, o desenrolo das obras de reforma urbán na rúa Doantes de Sangue. Trátase dunha ampliación de beirarrúas, mellora da seguridade vial mediante resaltos para o calmado do tráfico e pasos peonís nos acesos tanto aos centros docentes alí existentes como tamén ás instalacións do Polideportivo Municipal e outros edificios oficiais e privados.

Para o orzamento da obra, que chega ao medio millón de euros, a Deputación Provincial aportou a través do Plan “Depo-Remse” o 85% do mesmo e o Concello o 15% restante nas obras que está a executar a empresa “COVSA”. 

O deputado provincial Carlos López Font, manifestou  que “esta actuación no Porriño é exemplar para que as persoas recuperen e ocupen os espazos públicos que antes utilizaban os vehículos. Neste caso concreto estamos nun entorno que definiría coma paradigmático pois temos un instituto, un colexio, polideportivo municipal, edificios oficiais como a Tesourería da Seguridade Social, Centro de Saúde o os Xulgados, que moven xente de todas as idades que se beneficiarán deste cambio radical por unha mobilidade tranformadora e segura”, engadiu o deputado responsable de Infraestructuras.

Pola súa banda, a rexidora porriñesa, Eva García, ponderou “o traballo realizado” polo concelleiro de Infraestructuras, Pedro Pereira “pola súa capacidade para buscar e axeitar solucións constructivas conforme avanzaba a obra”.  

Para Eva García “esta obra é un primeiro paso para evidenciar que o concepto de cidade que compartimos neste goberno de coalición vaise facendo realidade para transformar O Porriño, e agardo que sexa coa plena colaboración da Deputación Provincial coma acontece dende hai 5 anos”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad