
Aínda que cada municipio conta cunha pediatra no seu correspondente centro de saúde, ámbalas dúas atenden a más de mil doentes infantís
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, veñen experimentando nos últimos anos unhas elevadas taxas de nacementos, que os sitúan nunha media duns 100 nacementos por ano.
Os centros de saúde de ambos Concellos contan na actualidade con cadansúa pediatra, que atende nestes momentos a 1.300 nen@s, no caso de Salceda; e 1.070, no caso de Salvaterra. Isto conleva periodos de colapso que se solventan únicamente coa boa disposición das profesionais, pero que en moitas ocasións non garanten a atención de calidade que precisan os nosos nen@s.
Tendo en conta que tanto Salceda de Caselas como Salvaterra de Miño están a incrementar a súa poboación cada ano “ámbalas dúas alcaldesas coincidimos na necesidade de contar cunha nova praza de pediatría, que pola cercanía dos dous Concellos podería ser de xeito compartido, diminuíndo deste xeito os actuais cupos de atención, que fan que en moitas ocasións as pediatras se vexan desbordadas, e máis en situacións de pandemia como a que estamos a vivir nestes momentos”.
Por iso, tanto Marta Valcárcel como Loli Castiñeira, rexistraron a pasada semana unha solicitude para a creación dunha nova praza de pediatría compartida entre os seus respectivos Concellos de Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas, e a dotación do mencionado persoal de xeito urxente.