Redacción 13/08/2020

Estará baseada no rigoroso cumprimento dos protocolos de seguridade sanitarios e iranse anunciando próximamente as medidas concretas que se aplicarán en cada ámbito.

 

A Xunta de Goberno Local celebrou esta mañá unha reunión na que o tema principal da orde do día foi a planificación da actividade municipal a partir de setembro. Na reunión estivo presente a técnico de Persoal, Recursos Humanos e Prevención de Riscos Laborais, Tatiana Iglesias, (que ademais exerce estes días como Secretaria accidental municipal), para dar asesoramento técnico á hora de deseñar esta nova folla de ruta adaptada ás circunstancias da nova realidade derivada da COVID-19.

A folla de ruta de planificación e organización da actividade municipal incluirá todos os diferentes ámbitos da mesma, desde o persoal do Concello, ata as dependencias municipais tanto de administración como sociais, instalacións culturais e deportivas… etc.; a planificación de posibles actos, a coordinación coas asociacións mosenses, a organización de cursos, obradoiros… e un logo etcétera de iniciativas municipais que se viron interrompidas e/ou limitadas durante os últimos meses e que agora se estuda como, cando e con que condicións reanudalas.

Desde xeito a rexedora local mosense anunciou a este respecto que “se irá informando puntual e progresivamente á veciñanza mosense de todas e cada unha das medidas e decisións adoptadas en cada un dos ámbitos da vida municipal, para que todos os colectivos interesados estean perfectamente ao tanto de cada asunto en concreto”. O Concello informa de que se dará cumprimento escrupuloso ás medidas de seguranza sanitaria e que a partir do día 1 de setembro celebraranse reunións con colectivos culturais, deportivos e outros.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad