José Palacín solicita resetear o tráfico de Tui ao punto onde o deixara C21
O Concelleiro de C21, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada o reseteo do tráfico ata practicamente o punto onde o deixara Converxencia 21 no ano 2019.
Os liberais consideran que en Tui se ven xerando un caos circulatorio durante estes últimos meses debido as medidas restritivas que ven implantado o Goberno Socialista dende o ano pasado, sendo a circulación cada vez mais atrancada, imbricada, complexa e antiintuitiva e o aparcamento cada vez mais escaso e alleo as necesidades dos viandantes e condutores.
Palacín pediu ao Concelleiro de Seguridade e ao propio Alcalde retornar aos sentidos de circulación anteriores ca excepción do sentido único de San Bartolomé e Arrayal, que non Palláns, e a Corredoira dende a Praza da Inmaculada cara o sur, polo tanto abrindo novamente o dobre sentido da Corredoira cara a O Porriño, (e de paso liquidando os horripilantes aparcadoiros dese tramo), tamén abogan por unha contrarreforma en Augusto González Besada e que se retorne a circulación no senso anterior na Rúa O Pilar.
Outras suxerencias de C21 son as de crear prazas de carga e descarga para repartidores e para minusválidos na propia Corredoira a fin de favorecer a hostalería, ao comercio e o acceso ao Casco Histórico, Concello e Policía Nacional e de modificar o emprazamento da parada de autobús da Rúa Ourense.
Palacín sinala textualmente que: “Quedou demostrado empiricamente que os experimentos co tráfico so se poderán realizar a partir da apertura da Rúa Ourense pola cara norte, e por iso pido paciencia ao Goberno e que despois deste rotundo fracaso devolvan a solvencia en materia de tráfico rodado e de aparcamento a nosa cidade e polo tanto deixen de causar un dano irreparable a nosa calidade de vida e a nosa economía”.