Terá lugar o sábado 29 de agosto en Vilafría e contará coas actuacións de Juanma LoDo, Baiuca, Mercedes Peón, o dúo Laura Lamontagne e Pico Amperio e catro compoñentes da Asociación “Os Penediños” de Atios
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira, anuncia a celebración do festival musical “Sons da Canteira” que terá lugar o sábado 29 de agosto, no espazo en restauración que ocupou a canteira de Vilafría.
“Este festival de música galega, que organiza o Concello, nace con vontade de continuidade; e supón que a modernidade da música galega entre nunha canteira en restauración no Porriño” valorou Moreira.
Neste primeiro “Sons da Canteira” haberá catro actuacións. Abrirá o dj e o artista multimedia Juanma LoDo. Polo esceario seguirán o grupo “Baiuca”, Mercedes Peón e o dúo Laura Lamontagne e Pico Amperio. Todos eles farán uso do videomapping, proxeccións en vídeo contra a muralla de pedra que servirá de anfiteatro natural. Tamén colaborarán no festival catro compoñentes da Asociación “Os Penediños” de Atios.
Para garantir a seguridade de público e participantes, establecéronse estritos protocolos anti-Covid. O aforo está restrinxido, a tan só 500 persoas, con espazos reservados para cadeiras e mesas; pois poderáse comer namentres se miran as actuacións xa que haberá duas “foodtrucks”.
As localidades están á venda na páxina web www.woutick.es. Co prezo da entrada inclúese o autobús que traslada aos espectadores dende a Avenida de Galicia, no Porriño, ata a canteira de Vilafría.
O Festival está programado para comezar ás 18.00 h.