Redacción 12/08/2020

Andoa é unha banda de músicas folk atlánticas, como son a irlandesa, escocesa e galega. Actuará na Sala Rebullón este xoves 13 de agosto no Territorio Cultural das Pedriñas. 

 

Os compoñentes de ANDOA; Ricardo Mouriño (low whistle, frauta travesera e gaita galega), Iago Boente (bouzouki) e Roi Adrio (percusións) teñen unha ampla traxectoria no mundo da música tradicional así como noutros xéneros musicais que van desde o reggae ao jazz. Teñen compartido esceario con Xabier Díaz, Talabarte, Güintervan, Backwest (Irlanda) ou Harmonica Creams (Xapón) entre outros como banda, e a nivel persoal teñen participado en festivais coma o “Festival Intercéltico de Lorient”, ou no “Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira”.

O evento será de balde, e as entradas poderán reservarse enviando un correo electrónico a reservasrebullon@gmail.com. Todos os asistentes deberán levar máscara e manter a distancia interpersoal de serguranza.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad