Redacción 12/08/2020

Haberá só 300 localidades para o concerto e a tradicional Noite das homenaxes ao aire libre, no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. A música da artista viguesa Babykatze chega o xoves 3 de setembro durante a Noite Lasal dos videoclips. Ás últimas entradas (70 para a sesión de mañá, e 60 para a sesión de tarde) xa están á venda na tenda en liña do Festival.

 

O artista vigués Amaro Ferreiro súmase aos músicos que o Festival de Cans programará este ano no novo Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. A súa actuación terá lugar ás 20,00 horas do venres 4 de setembro. Ferreiro fará un concerto especial para esta edición do Festival de Cans, prevista para celebrarse do 2 ao 5 de setembro, no que mesturará moitas das súas cancións vencelladas coa súa memoria cinéfila con temas do seu novo disco, que tamén ten resonancias de cine: “Personajes secundarios”.

Ese mesmo día, tras o concerto, terá lugar a chamada ‘Noite das homenaxes’, onde se entregará o Premio Pedigree á directora Manane Rodríguez e os Chimpíns de Prata do certame, ademáis da presentación dos xurados do festival e a estrea do documental “Cans 16”, dirixido por Isaura Docampo. Só 300 espectadores poderán asistir a esta actuación especial de Amaro Ferreiro e á Noite das Homenaxes, e para acceder a este espazo será preciso adquirir unha entrada a un prezo de 7 euros. Desde hoxe, as entradas poden adquirirse na tenda en liña do Festival de Cans: www. tenda.festivaldecans.gal.

Todas as persoas asistentes terán adxudicada unha cadeira, coas correspondentes medidas de distanciamento entre espectadores, e como acontecerá durante todos os días do festival, a hora de peche do festival está prevista para as 23:30 horas da noite. O cartaz musical do Festival de Cans completarase coa viguesa Babykatze, que vencella imaxe e música creando un personaxe etéreo e sorprendente cunha mensaxe de carácter universal. Proporanos unha viaxe a un mundo onírico tecido con capas electrónicas e samples onde se mesturan ritmos contundentes cunha voz máxica.

Babykatze chega na Noite Lasal, a do xoves 3 de setembro, na que terá lugar o concurso de videoclips. Tanto a actuación de Babykatze como o concurso de videoclips terán lugar no auditorio exterior da Biblioteca Municipal. O aforo estará limitado a só 100 persoas que ocuparán un asento e deberán facer unha inscripción previa uns días antes da actuación, a través da web do Festival de Cans. A Noite Lasal dos videoclips e a actuación de Babykatze chegan no mesmo día no que se estrea na gran pantalla a película “A Illa das Mentiras”, de Paula Cons, que será o filme de apertura do certame.

Pouca entradas xa á venda

Logo da boa evolución da venta de abonos, concluída o pasado sábado, as entradas soltas restantes están á venda dende esta semana na tenda online do Festival. Só restan 70 entradas para as sesión matinais e 60 para as sesión de tarde.

Debido á significativa reducción de aforo da actual edición de Cans, e ás medidas de hixiene e distanciamento, só se poderá acceder ás actividades a través dunha entrada, xa que non haberá actividades de libre acceso. Os prezos das entradas soltas, oscilan entre os 10 euros para acceder á sesión matinal e ó coloquio con Óliver Laxe, ata os 15 euros para asistir á sesión de tarde e ó concerto de Hendrik Rover y Los Míticos Gts e á gala da entrega de premios. Para acceder por separado ó coloquio ou á actuación musical, os prezos serán de 3 e 7 euros respectivamente.

O Festival de Cans prepara un novedoso formato con medidas de prevención moi estudiadas que terán como obxectivo ofrecer as máximas garantías de hixiene, seguridade e distanciamento social ao público e aos veciños e veciñas de Cans. A eliminación das actuacións musicais nocturnas no Torreiro, a reducción de aforo e ó “escudo protector” ás persoas maiores da aldea, marcan os eixos centrais destas medidas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad