
C21 solicita o arranxo de varios elementos deteriorados ou perigosos nas zonas verdes do centro
Dentro do seu plan #TUISEGURO, C21 solicita a intervención sobre varios elementos deteriorados ou perigosos das zonas verdes da cidade.
Os dous primeiros por risco eléctrico na iluminación da estatua de Calvo Sotelo e nunha das farolas lindeiras o parque Álvarez Blázquez da que sobresaen uns cables pelados, unha terceira polo funcionamento defectuoso da fonte dos Xardíns de Troncoso que reborda a auga e enlamuxa os sendeiros, outra de inseguridade para os nenos no propio parque debido a que contra as gradas se eleva un borde afiado de cemento, e a última, se insiste con unha seria advertencia, do non valado da travesía de Alvarez Blázquez contra o precipicio das piscinas municipais, concretamente no lugar onde nin existen vallas e a única barreira son uns setos baixos e non moi densos.
C21 iniciará a campaña Tui seguro nas parroquias en canto a situación sanitaria sexa máis propicia para realizar as prospeccións pertinentes.