Redacción 07/08/2020

Programación para “un tempo novo” nas parroquias

Cinema na rúa e narración oral en Carracido e Budiño

A Concellería de Cultura anuncia para esta fin de semana que a “programación para un tempo novo” fará escala en Carracido e Budiño con sendas propostas de cinema na rúa e narración oral
Ambas están previstas para o sábado día 8.

En Carracido, no local da Asociación Veciñal e Cultural As Mimosas, a partir das 22,30 horas, haberá sesión de cine coa proxección da película “O Apóstolo”

En Budiño, no Centro Recreativo Cultural Mosteiro, terá lugar tamén o sábado, a partir das 21,30 horas, un espectáculo de naración oral a cargo de Lorena Pinheiro, titulado “Seica”.

O Concello do Porriño, a través da Concellería que dirixe Camila Moreira, está a realizar esta programación cultural para as parroquias, coas debidas garantías sanitarias co propósito de dinamizar as actividades de lecer. A concelleira ten manifestado que “sendo coñecedora de que a situación da pandemia da Covid-19, fixo que moitas das actividades culturais das parroquias e barrios fosen canceladas, e mantendo contacto coas asociacións da veciñanza, fixose unha proposta programática, coas garantías de seguridade sanitaria, favorecendo a dinamización cultural á vez que se potencian os recursos dos artistas locais”, dixo Camila Moreira.

Concello e Deputación apoian unha función de teatro musical familiar no Circulo recreativo cultural

A Concellería de Cultura do Concello do Porriño que dirixe Camila Moreira informa da celebración desta sesión de teatro musical familiar que terá lugar no Circulo Recreativo Cultural do Porriño, o vindeiro sábado 8 e que conta co apoio do Concello e da Deputación.
De balde. Aforo restrinxido. Só para 85 persoas.

É un espectáculo da compañía Animar-T.
A obra trata as relacións entre netos e avós desde a visión da protagonista, Laia, unha nena de sete anos. Un espectáculo que mestura teatro musical, maxia cómica, animación musical e a constante participación dos nenos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad