Aclaración sobre o proceso selectivo para cubrir 3 prazas vacantes de auxiliar administrativo no Concello
A Concellería de Persoal quere aclarar que as persoas interesadas en participar no proceso selectivo para cubrir interinamente 3 prazas vacantes de auxiliar administrativo no Concello, non deben presentar aínda as súas solicitudes ante o concello.
Ás persoas que xa fixeron esa presentación deberán repetir as súas solicitudes porque actualmente carecen de validez.
Ás que acuden presencialmente a realizar o trámite ante o rexistro xeral do Concello, xa se lles avisa que deberán agardar.
Algunhas xa o fixeron a través da sede electrónica do Concello e se lles avisa a través deste medio, que non ten válidez e que deberán repetir a solicitude cando a convocatoria sexa publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Neste intre tan só publicouse no Boletín Oficinl da Provincial (BOPPO) nº 137, de data 20 de xullo.
Unha vez sexa publicada no DOG, os aspirantes terán un prazo de 20 días naturais a contar dende o día seguinte á data de publicación