Redacción 06/08/2020

Balanzo de actuacións no mes de xullo 36 multas da policía do Porriño por conducir baixo os efectos do alcohol, drogas ou sen carné 

A Policía Local do Porriño fixo balanzo de actuacións en materia de seguridade vial no mes de xullo que arroxa 36 multas por conducir baixo os efectos do alcohol, drogas ou con carné caducado.

En 22 casos formularon multas por infracción administrativa por alcoholemias positivas. Segundo a taxa, a multa económica oscila entre 500 a 1.000 euros e supón a perda de 4 a 6 puntos do carné.

En seis casos máis, os axentes da Policía Local instruíron 6 atestados (contra 5 homes e unha muller) por un presunto delito contra a seguridade vial por superar a taxa de 0,60mg/l. en aire espirado. Un destes casos presentou o a agravante de que o condutor levaba dous menores no seu vehículo.

Tamén, a Policía Local do Porriño formulou durante o mes de xullo, 6 denuncias administrativas contra condutores por dar positivo en drogas ao volante.

E por último, instruíronse  dous atestados por presuntos delitos contra a seguridade vial por circular co permiso de conducir sen puntos.

Dende a Concellería de Seguridade, que dirixe Lourdes Moure reiterase “unha apelación ao sentido común e á responsabilidade dos condutores para evitar coller o volante se beben e previr a siniestralidade de tráfico e o risco para outros usuarios das vías”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad