Redacción 04/08/2020

Dende hoxe o alero galego utilizará o Polideportivo Municipal para poñerse en forma previa incorporación á pretempada co equipo madrileño

 

 

O baloncestista galego Alberto Abalde comezou hoxe no Porriño, no Polideportivo Municipal, a súa preparación previa a incorporarse á disciplina do Real Madrid.

Alberto Abalde, ferrolano de 24 anos de idade, fichou este año -procedente do Valencia Basket- e durante as vindeiras cinco tempadas co Real Madrid, reforzando así o xogo exterior do equipo. O alero galego, con 2.02 m de estatura, postúlase como unha das promesas do baloncesto europeo, cun promedio de 14,8 puntos na Fase Final da ACB. 

Abalde, xunto co seu adestrador persoal, realizou hoxe no Polideportivo Municipal do Porriño, diversas sesións de exercícios de mantemento e tandas de tiros a canasta.

O baloncestista elixiu O Porriño polas xestións realizadas por Julio Bernárdez, ex-baloncestista e xefe do Servizo de Deportes do Concello, e atendendo á invitación que lle fixo a súa vez o concelleiro de Deportes, David Alonso, que acudiu esta mañá a darlle a benvida ao Pavillón.

Abalde, tamén é internacional coa selección española e estará tres días máis adestrando pola súa conta na nosa vila, previa viaxe a Madrid para iniciar a pretempada co equipo merengue.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad