Redacción 04/08/2020

O vindeiro xoves 6 de agosto, na terraza do Rebullón, terá lugar o concerto de Mascada a partir das 21:00h. Novamente, a entrada será de balde con billeteira inversa.

 

Gustavo e Héctor un baixo, unha batería, dúas voces chegaron en agosto de 2019 e viñeron para quedar. Son un dúo, pero non tocan “La Flaca” nin animan banquetes de vodas (de momento).Isto vai de suor, adrenalina, actitude, creatividade e decibelios, moitos decibelios. Cera, ás veces preto do stoner, outras da psicodelia, mesmo do rock progresivo…pero cera.

Beben de todos estes estilos pero sobre todo estan influídos polo ecosistema musical que nos rodea. Cantan en galego porque viven en galego. É a forma máis sincera e verdadeira de cuspir no micro o que lles sae de dentro. Utilizan a lingua con total naturalidade, fuxindo de clixés e etiquetas políticas. Da mesma maneira tamén confían no poder de expresión da propia música, polo que dan cabida a temas 100% instrumentais. Isto non é unha afección, é a súa paixón e queren convertelo na súa forma de vida.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad