O Concelleiro de C21, José Palacín, lamenta que o Sr. Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, estea a adoecer de falla de estética no trámite do expediente relacionado ca urbanización Pousa do Bispo
Palacín afirma que: “Cando existe un conflito de intereses, como é neste caso, un político debe actuar con absoluta transparencia, e no trámite do expediente da Pousa do Bispo o noso máximo representante careceu dos mínimos estándares de diafanidade cando presentou por urxencia e sen acompañamento da documentación pertinente a dotación de crédito con cargo a remanente para recepcionar esta Urbanización”.
Do mesmo modo, o concelleiro do partido liberal queixase de que non se lle facilitou a información solicitada xa fai un mes referente ao mercado ou que non se lle contestara cando preguntou en Sesión Plenaria polo custe do fío musical.
“A metamorfose deste Goberno comeza a ser preocupante – afirma Palacín – pero dende C21 non vamos a destruílas pontes do diálogo con declaracións incendiarias, seguimos abertos a negociar e manteremos indefectiblemente a nosa liña de aportar ideas en clave construtiva”.