Redacción 31/07/2020

Alcaldesa e concelleira de Deportes supervisaron esta mañá os traballos que se están a acometer no vaso da Piscina Municipal. 

 

Os traballos que se están a realizar consisten no encintado do vaso da piscina e selado dos azulexos, así como tarefas de mantemento na sauna, vestiarios, etc. para que todos os espazos estean perfectamente preparados para o inicio da vindeira tempada. Ademais, e neste caso con cargo ao Plan Concellos, a administración local mosense executará a mellora da cuberta do Pavillón Óscar Pereiro na súa parte translúcida. Substituiranse tódalas pranchas existentes substituíndoas por outras novas de policarbonato celular de 30 mm de espesor e 900 mm de ancho. As novas pranchas estarán ancoradas á estrutura portante mediante abrazadeiras de ancoraxe.

Con esta mellora obterase unha transmisión de luminosidade do 52%, o que suporá un aforro na enerxía eléctrica da instalación e lograrase maior claridade no interior do pavillón, ademais de evitar as filtracións de auga. A integración co resto da cuberta é perfecta, por ter un sistema de unión en forma de alas, polo que forma un plano compacto, unindo as pranchas. Ademais asegura a entrada da luz sen necesidade de cambios de temperatura e evita fugas térmicas ou entrada de humidades. A superficie en planta da cuberta do pavillón é de 1.298,00 metros cadrados, sendo a superficie de policarbonato de 500 metros cadrados. O orzamento de execución material ascende a 21.000 euros.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad