Redacción 30/07/2020

Hoxe, xoves 30 de xullo, a Terraza Rebullón, en Tameiga, ofrecerá de balde o concerto de The Lelli Kelly’s a partir das 21:00h.

 

A banda de rock moañesa The Lelli Kelly’s presentará, na Sala Rebullón, o seu primeiro traballo de estudo, titulado “Congamonga”. Tonho Nogueira, Morto Rodríguez, Pollete Mc e Culebra Pills son os integrantes dunha banda que define a súa música como rhythm&punk. O seu traballo conta con seis cancións bailables e agresivas.

Logo de ter actuado en innumerables festivais por todo o país e do parón provovado pola Covid-19, The lelly Kelly’s voltan aos escenarios dispostos a tronzar pernas nos torreiros.

O Concerto será con aforo limitado seguindo tódalas recomendacións sanitarias, será preciso reservar entrada a través do correo electrónico reservasrebullon@gmail.com.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad